Inicio Galicia A Xunta sinala que o impulso do talento e da formación especializada...

A Xunta sinala que o impulso do talento e da formación especializada contribúe a xerar emprego estable en Galicia

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Vigo na entrega dos Premios Incuvi 2018, que apoia a Administración autonómica, xa que fomentan o espírito emprendedor da mocidade galega

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, destacou hoxe na entrega dos Premios Incuvi 2018, un acto celebrado na Universidade de Vigo, a importancia de impulsar o talento e a formación especializada no novo contexto dixital para incrementar as oportunidades laborais da mocidade galega.

Deste xeito, explicou que a Xunta traballa no ámbito da innovación e da formación para que as empresas atopen os perfís profesionais que demandan co obxectivo de que as persoas desempregadas teñan máis oportunidades para acceder a un posto de traballo. Indicou, ao respecto, que este reto, polo que aposta a Administración autonómica, é similar ao obxectivo principal dos galardóns Incuvi, que a Xunta apoia, xa que se trata dunha preincubadora de negocios da Universidade de Vigo a través da que, nos seus 6 anos de traxectoria, acadou impulsar arredor de 60 ideas empresariais de estudantes ou xa titulados.

Os Premios Incuvi, en palabras de Marnotes, van en consonancia co fomento do espírito emprendedor polo que a aposta a Consellería de Economía, Emprego e Industria que, entre outras medidas neste eido, conta cunha rede de aceleradoras de proxectos empresariais co obxectivo de dinamizar a economía e o emprego en Galicia. A través desta rede apóiase o talento que, segundo o director xeral, fixa e atraer nova industria.

Marnotes, ademais, salientou a importancia de impulsar a formación de calidade adaptada ás demandas do tecido produtivo, xa que explicou que a cualificación incentiva a contratación conseguindo xerar emprego estable. Neste senso, apuntou que a Xunta, a través do desenvolvemento da Axenda 20, a folla de ruta do Goberno galego en materia laboral, está desenvolvendo diferentes posibilidades de formación á carta, tanto para persoas desempregadas como ocupadas, que está orientada cara os sectores estratéxicos e emerxentes de Galicia e ás especialidades vinculadas coa fábrica intelixente.

Entre os diferentes programas que ten en marcha a Administración autonómica, destacou o plan dirixido a traballadores en activo, que se desenvolve en centros homologados, para formar en toda Galicia a máis de 23.000 autónomos e traballadores galegos. É unha iniciativa de formación para ocupados dotada con 13 millóns de euros para desenvolver ao longo deste ano en centros e entidades formativas preto de 1500 cursos.

Formación á carta en empresasTamén destacou as Unidades Formativas na Empresa, tanto para desempregados como ocupados, que constitúen outra das modalidades de formación da Xunta. As primeiras convocatorias destes programas xa saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). En conxunto, destínanse 6,35 millóns en 2018 para estas dúas iniciativas, a través das que se cualifica tanto a desempregados con formación á medida na propia empresa –que ten que comprometerse a un mínimo de contratación– como a traballadores de empresas de sectores estratéxicos.

En definitiva, segundo engadiu Marnotes, do que se trata é de favorecer o acceso ao mercado laboral dos galegos e galegas, en especial, da mocidade, facilitando a empregabilidade dos que buscan un posto de traballo e actualizando a formación dos que están en activo.

Os Premios IncuviOs galardoados cos Premios Incuvi Emprende acadan formar parte dun programa dun ano de duración no que se desenvolven actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos e contan, ademais, con axudas, durante o mesmo período, para sufragar os custes de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus de Vigo, Ourense ou Pontevedra. Por outro lado, os beneficiarios dos apoios Incuvi Avanza logran financiamento para os seus proxectos empresariais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre