Inicio Galicia A Xunta sinala que as lanzadeiras de emprego apostan por unha formación...

A Xunta sinala que as lanzadeiras de emprego apostan por unha formación axustada á demanda empresarial, un aval para acceder ao mercado laboral

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe nun encontro cos alumnos e alumnas que están a recibir formación nas aceleradoras que se estás a desenvolver en Redondela, Arteixo, Carballo e Marín

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Redondela nun encontro cos alumnos e alumnas das lanzadeiras de emprego que sen está a celebrar nesta localidade pontevedresa, ademais de en Marín, Carballo e Arteixo, co apoio da Xunta. Na súa intervención puxo en valor este programa que impulsa a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica co obxectivo de favorecer o acceso ao mercado de traballo das persoas sen emprego. Toca, de feito, destacou que esta iniciativa fomenta o espírito emprendedor e impulsa o talento dos seus participantes.

Xunto coa de Redondela, os concellos de Arteixo, Carballo e Marín tamén contan na actualidade co desenvolvemento desta aceleradora, polo que, en global, están a participar 80 persoas co obxectivo de insertarse no mercado de traballo.

A secretaria xeral salientou os bos resultados das lanzadeiras que de media acadan a inserción laboral do 60% do alumnado. De feito, na actualidade, sen que as lanzadeiras remataran aínda, xa modificaron a súa situación laboral 35 dos 80 alumnos alumnas (44%) ben porque atoparon un traballo por conta allea ou ben porque están realizando certificados de profesionalidade.

Os asistentes ao programa reciben unha formación de calidade adaptada ás necesidades do tecido empresarial capacitándoos para afrontar unha entrevista de traballo, presentar un currículum que destaque os seus puntos fortes e para orientar a busca de emprego cara o seu perfil. Neste senso, a responsable de Emprego da Xunta sinalou a importancia da cualificación, “un aval” para acceder ao mercado de traballo e “clave para conseguir un tecido empresarial máis competitivo”.

Toca incidiu na importancia da formación lembrando a aposta do Goberno galego por unha cualificación flexible e dual axustada ás necesidades das empresas e adaptada á transformación dixital. “Canto máis e mellor formado estea o persoal das empresas máis produtivas serán”, subliñou.

Para rematar, Toca puxo en valor a importancia da cooperación público-privada para conseguir o máximo proveito das políticas de emprego co fin de mellorar a inserción laboral dos desempregados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre