Inicio Galicia A Xunta sinala en Santiago a simplificación administrativa como clave para impulsar...

A Xunta sinala en Santiago a simplificación administrativa como clave para impulsar unha Galicia máis innovadora e competitiva

0

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, foi o encargado de abrir na Facultade de Dereito unha xornada sobre a redución das cargas administrativas no exercicio de actividades económicas


O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, sinalou esta mañá, na apertura dunha xornada sobre a redución de cargas administrativas no exercicio de actividades económicas, que a simplificación neste eido é unha peza clave para impulsar unha Galicia máis innovadora e competitiva. Neste sentido, apelou ao traballo conxunto para reforzar a posición da Comunidade como unha terra de oportunidades para o emprendemento e o investimento empresarial.

Na súa intervención, Borja Verea destacou a necesidade de eliminar trabas burocráticas, lembrando que a Lei de emprendemento e da competitividade empresarial permitiu en Galicia a substitución das licenzas municipais polas comunicacións previas e as declaracións responsables. Recordou tamén a creación da figura das entidades de certificación da conformidade municipal (ECCOM), que naceron como colaboradoras dos concellos para as autorizacións administrativas.

Ademais, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria sinalou que, coa Lei de implantación empresarial, a Comunidade avanzou na simplificación administrativa, e creou as chamadas Iniciativas empresariais prioritarias, que reducen á metade os prazos de tramitación. Do mesmo xeito, sinalou que, no marco desta Lei, tamén se creou a figura dos Concellos Emprendedores, con 125 municipios galegos que están xa comprometidos co emprendemento e o desenvolvemento de iniciativas empresariais.

No encontro, celebrado na Facultade de Dereito, representantes da Administracións autonómica e local, a Rede Localis, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM) e universidades abordaron os avances na simplificación dos trámites legais que regulan a creación de empresas e a posta en marcha de iniciativas emprendedoras. A Xunta e a Red Localis, en colaboración coa Fegamp, organizan o encontro co obxectivo de analizar o marco normativo de aplicación no acceso ao exercicio de actividades económicas e o impacto dos novos procedementos legais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre