Inicio Galicia A Xunta sinala a implicación de Amicos no coidado das persoas con...

A Xunta sinala a implicación de Amicos no coidado das persoas con discapacidade da comarca do Barbanza

0

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou esta mañá os servizos que a entidade Amicos presta no concello de Boiro. Alí destacou o importante labor que esta organización realiza na comarca do Barbanza a través dos seus centros e programas en diferentes municipios da zona.

Ildefonso de la Campa puxo en valor a importancia de que as administracións colaboren coas diferentes entidades sociais por ser elas as que mellor coñecen as necesidades e propostas das persoas usuarias destes servizos. Nestes sentido, agradeceu a Amicos pola súa implicación e disposición a colaborar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre