Inicio Galicia A Xunta seguirase apoiando en estudos técnicos e en medidas que doten...

A Xunta seguirase apoiando en estudos técnicos e en medidas que doten dunha maior flexibilidade ante a política de descartes cero

0

Rosa Quintana sinalou que esta obriga resulta de difícil implementación porque choca frontalmente co criterio de reparto de cotas de pesca da UE, establecido hai 30 anos, nun contexto diferente ao actual

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reiterou hoxe en Vigo que Galicia se seguirá apoiando en estudos técnicos en medidas que doten de flexibilidade a aplicación da política de descartes cero, para evitar impactos negativos na operatividade e competitividade da nosa frota. Díxoo na clausura da Conferencia internacional sobre avances en tecnoloxías mariñas aplicadas á redución e xestión dos descartes, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e polo Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC, ao abeiro do proxecto LifeiSeas.

No encontro, a conselleira amosou o compromiso da xunta por atopar as solucións máis innovadoras, mediante a aplicación das novas tecnoloxías das ciencias e da información. Tamén insistiu no apoio con outras rexións con intereses comúns na procura de argumentos de defensa de medidas máis flexibles na aplicación da prohibición dos descartes de pesca que establece a Unión Europea, de cara a garantir a viabilidade futura da pesca a longo prazo e, ao tempo, asegurar a sustentabilidade dos recursos.

Leer más:  Este miércoles, Rueda y otros tres presidentes autonómicos respaldan al candidato del PP en un acto en Bilbao

En relación á visión da Xunta, lembrou que “Galicia sempre defendeu a necesidade de evitar progresivamente os descartes de pesca, sobre a base de estudos rigorosos propostos na avaliación de cada especie e de cada caladoiro”. Unha postura que, engadiu, “quedou plasmada no ano 2012 no ditame de Galicia ante a proposta da reforma da Política Pesqueira Común”.

Neste sentido, a conselleira sinalou que a obrigatoriedade de desembarcar todas as capturas resulta de difícil implementación a curto e a medio prazo porque “choca frontalmente co criterio de reparto de cotas de pesca da Unión Europea, o mal chamado principio de estabilidade relativa, establecido hai 30 anos, nun momento no que non existía a obriga de desembarque de capturas”.

A conferenciaO obxectivo da conferencia era converterse en punto de encontro para presentar e debater sobre as últimas innovacións cara á xestión dos descartes por parte dos principais expertos na materia. Neste sentido, abordáronse os avances a bordo, as novidades na xestión e procesamento de datos, as solucións en terra e as implicacións da obrigación do desembarco.

Leer más:  La Audiencia de Pontevedra sentenció a un hombre a 14 años de prisión por abusar sexualmente de la hija de su pareja durante varios años

Esta conferencia internacional foi unha actividade do proxecto LifeiSeas, no que ademais do CETMAR e do IIM-CSIC participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR) e Talleres Josmar SL. 


- Te recomendamos -