Inicio Galicia A Xunta seguirá creando novas prazas públicas de dano cerebral en Galicia

A Xunta seguirá creando novas prazas públicas de dano cerebral en Galicia

0

O Goberno galego multiplicou por cinco as prazas públicas para a atención ao dano cerebral adquirido durante os últimos dez anos ata chegar ás 125 en toda Galicia


A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá na inauguración do novo centro que a Asociación de Dano Cerebral Adquirido (Adaceco) abriu no concello de Culleredo. Alí destacou que o Goberno galego seguirá a incrementar as prazas públicas de atención ao dano cerebral neste 2020.

Fabiola García sinalou que o Goberno galego manterá o seu compromiso con entidades como Adaceco e coa atención ás persoas con dano cerebral adquirido. Neste sentido, lembrou que durante o pasado ano incrementáronse as prazas financiadas pola Xunta de Galicia nos centros de Sarela, en Santiago, e de Alento, en Vigo, ata chegar ás 125 en toda Galicia. Así nos últimos dez anos, as prazas públicas multiplicáronse por cinco.

A conselleira de Política Social amosou o seu agradecemento á asociación por facer partícipe ao Goberno galego da inauguración deste centro e, recalcou, que durante o 2020 a Xunta de Galicia seguirá incrementando o seu apoio ás familias e ás persoas con dano cerebral adquirido.

Programas para a atención ao dano cerebralA Xunta de Galicia inviste máis de 150.000 euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar programas da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), que aglutina asociacións como Adaceco. En concreto, o Goberno galego destina máis de 60.600 euros ao seu programa de atención terapéutica, preto de 60.000 euros ao programa de inclusión social e outros 30.000 euros ao programa de respiro familiar.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre