Inicio Galicia A Xunta salienta que o talento e a creatividade marcarán o camiño...

A Xunta salienta que o talento e a creatividade marcarán o camiño de Galicia e o seu posicionamento no futuro

0

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, entregaron hoxe na Cidade da Cultura os premios do concurso Eduemprende Idea 2018

A Xunta puxo en valor hoxe os premios do concurso Eduemprende Idea 2018, que se entregaron na Cidade da Cultura, destacando que son un estímulo ao talento que é o que está a cambiar a economía e a forma de traballo nas empresas. Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron hoxe no acto no que incidiron na importancia de apostar polo talento e a creatividade porque marcarán o camiño de Galicia e o seu posicionamento no futuro.

Os representantes do Goberno autonómico resaltaron a calidade dos proxectos presentados a estes galardóns vinculados todos eles a sectores produtivos, lembrando a necesidade de seguir apoiando o emprendemento desde a base do sistema educativo para que a cultura emprendedora empece a xurdir desde as primeiras etapas educativas. De feito, sinalaron que con esta iniciativa da Xunta, o emprendemento se converte nunha materia máis da Formación Profesional. Estes premios posibilitan aos gañadores incorporarse a calquera dos viveiros de empresa da Consellería de Educación e contar co asesoramento do Igape para materializar as súas ideas de negocio.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Conde destacou o talento da mocidade galega apuntando á importancia da innovación para diferenciarse. Así mesmo, afirmou que o talento é a forza motriz da economía e, por iso, recordou que a Administración autonómica ten en marcha o programa Talento 2021 para captar novos profesionais para Galicia e para que os rapaces e rapazas conten coas ferramentas necesarias para desenvolver as súas capacidades. En palabras do titular de Economía, sen talento é imposible emprender en Galicia. Neste senso, recordou que a rede de aceleradoras StartIn Galicia é unha plataforma onde se desenvolven preto de 900 proxectos innovadores dos sectores estratéxicos da economía galega.

Para apoiar o talento e a innovación, Conde tamén puxo como exemplo a nova Estratexia galega de economía social que cun orzamento de 73 millóns fomentará a creación de 300 novas entidades e 3000 novos empregos. Dous dos proxectos gañadores optaron pola fórmula da cooperativa para emprender.

Pola súa banda a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou a importancia de “educar o espírito emprendedor desde as etapas máis temperás” e a responsabilidade da Administración de ofrecer as ferramentas necesarias para que os máis novos sexan capaces de converter as súas ideas en proxectos reais. Este é o caso das iniciativas recoñecidas hoxe cos Premios Eduemprende Idea 2018, uns galardóns que buscan estimular a participación activa do alumnado no deseño de iniciativas innovadoras e creativas, que favorezan o emprendemento e que capaciten para o desenvolvemento de proxectos empresariais.“Queda claro que tedes capacidade e potencial sobrados para convertervos en emprendedores reais”, afirmou Carmen Pomar en referencia ás alumnas e alumnos premiados, a quen desexou o mellor dos éxitos. Así mesmo a conselleira agradeceu a implicación do profesorado que axudou a dar forma aos proxectos, así como ás familias por exercer de soporte no día a día.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Os premiadosUn total de 15 alumnos e alumnas recolleron hoxe o Premio Eduemprende Idea 2018 dos centros integrados de FP As Mercedes de Lugo e de FP Someso da Coruña; e dos IES de Valga, Montecelo (Pontevedra) e Rodeiro (Pontevedra). Os proxectos galardoados foron: Radis Radón Innova Solución sobre a medición do radón; Suevia, un negocio de conservación, mantemento e restauración de estruturas metálicas; Processvet, un laboratorio de anatomía patolóxica veterinaria; Minerva, unha aplicación móbil e unha web onde deseñar camisetas personalizadas; Aura, unha cooperativa dedicada á estética e á imaxe de persoas con necesidades específicas; e Quantum Cines, unha cooperativa para instalar unha sala de cine e exhibición de eventos en Cangas.


- Te recomendamos -