Inicio Galicia A Xunta salienta que as actuacións nas estradas deben priorizar os criterios...

A Xunta salienta que as actuacións nas estradas deben priorizar os criterios técnicos para garantir a seguridade dos usuarios vulnerables

0

Francisco Menéndez indica que a instalación dun paso de peóns en estradas como a AC-546, na Baña, pode resultar perigoso ao non cumprir as condicións da normativa

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, salientou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia que as actuacións nas estradas deben priorizar os criterios técnicos para garantir a seguridade dos usuarios vulnerables.

Francisco Menéndez explicou que os informes técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas desaconsellan a instalación dun paso de peóns na estrada AC-546, ao seu paso pola Baña, pois podería resultar perigoso ao non cumprir os criterios da normativa.

Detallou que os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, atendendo á solicitude dos veciños da Baña, avaliaron a situación desta estrada, concluíndo que non se axusta ás características requiridas para dispor un paso de peóns.

Sinalou que a normativa explicita que a colocación dun paso de peóns se debe efectuar en treitos urbanos, nos que a velocidade non sexa maior de 50 km/h e haxa beirarrúas ou iluminación, condicións que a estrada AC-546 non dispón.

Destacou que o Goberno galego continuará traballando a prol da protección dos peóns e dos ciclistas, adoptando as medidas que sexan axeitadas nesta estrada AC-546 e nas demais de competencia autonómica.

Fixo fincapé en que a Xunta vén reforzando a seguridade viaria nesta contorna con actuacións como o acondicionamento da antiga estrada AC-443, entre Negreira e Ponte Corneira, que orixinou unha nova vía, a actual AC-546, liberando de tráfico as travesías con máis vivendas.

Subliñou que esta actuación, cun investimento autonómico de 5,1 millóns de euros, mellorou a calidade de vida dos veciños de varias parroquias da Baña cuxas vivendas se atopan próximas á estrada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre