Inicio Galicia A Xunta salienta que a aposta das empresas por políticas de RSE...

A Xunta salienta que a aposta das empresas por políticas de RSE nos seus modelos de xestión xera máis produtividade

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago na xornada ‘O cumprimento social: unha vantaxe competitiva para as empresas’, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Administración autonómica

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe en Santiago a importancia de que as empresas adopten nos seus modelos de xestión políticas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), xa que xera máis produtividade e competitividade. Salientou que xestionar empresas rendibles de forma ética xera tamén lealdade do cliente e credibilidade na súa intervención na xornada O cumprimento social: unha vantaxe competitiva para as empresas, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Xunta, en colaboración con RSC Galicia e a Escola de Finanzas.Neste foro analizouse como a globalización da sociedade e a crecente concienciación dos consumidores conleva unha maior responsabilidade por parte das empreas, xa que o cliente final demanda produtos elaborados en condicións seguras de traballo e que os salarios das persoas involucradas na produción sexan xustos e respecten os dereitos fundamentais.Neste contexto, Toca puxo en valor as políticas que o Goberno galego está desenvolvendo en materia de RSE, lembrando que a Administración autonómica foi pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE consciente da importancia da súa implantación nas estratexias das compañías, independentemente do seu tamaño ou actividade. “É importante asegurar aos traballadores e traballadoras a tranquilidade que a estabilidade proporciona favorecendo o seu crecemento persoal e profesional”, apuntou.Deste xeito, a secretaria xeral afirmou que o principal obxectivo do Goberno galego é seguir avanzando no camiño da recuperación económica con políticas socialmente responsables, ao tempo que asegurou que a competitividade das empresas crecerá se existe “un verdadeiro compromiso” coa economía verde e responsable.Segundo Toca, está demostrado que o éxito empresarial está vinculado a comportamentos socialmente responsables e, por iso, explicou que a Xunta está traballando para difundir a RSE entre as empresas galegas con diversas ferramentas dirixidas a axudar ás pequenas e medianas empresas a implantar unha xestión baseada en comportamentos responsables para favorecer que os traballadores desempeñen o seu labor nas mellores condicións.Neste senso, avanzou que o Goberno galego traballa nunha nova Estratexia Galega de RSE coa que se pretende dotar á Comunidade dunha ferramenta para afrontar con éxito os desafíos actuais en RSE, garantindo a saúde e o benestar dos traballadores, unha xestión eficiente dos recursos enerxéticos e a procura dunha sociedade inclusiva que integre perfís diversos.A Consellería de Economía, Emprego e Industria conta tamén nesta materia con axudas e incentivos dirixidas a pemes, micropemes e autónomos para implantar sistemas de xestión de RSE, políticas encamiñadas a favorecer a igualdade no traballo e adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, e dispón de ferramentas para a divulgación e orientación da Responsabilidade Social Empresarial como o programa Responsabilízate, de asesoría gratuíta personalizada.A Administración autonómica, ademais, impulsa o Grupo de Representación Empresarial Galego en RSE, formando por 13 empresas, que levan, coa colaboración da Xunta, as súas experiencias ás pequenas e medianas empresas.Toca apuntou, así mesmo, que a Xunta acaba de aprobar o I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, que inclúe case un cento de medidas concretas convertendo a Galicia na primeira comunidade autónoma en contar cunha ferramenta de planificación destas características.Toca, para rematar, puxo en valor o traballo global e transversal da Xunta para dar resposta ás necesidades dos traballadores e traballadoras e o esforzo para atender ás novas formas de traballo e modelos de vida actuais. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -