Inicio Galicia A Xunta salienta que a aposta das empresas pola formación e a...

A Xunta salienta que a aposta das empresas pola formación e a innovación xera crecemento e emprego de calidade

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou hoxe a empresa Moonoff centrada en achegar solucións de iluminación LED de alta calidade ao sector público e industrial

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe, nunha visita que realizou á empresa Moonoff, a importancia de que as compañías aposten pola formación e a innovación, así como por adoptar nos seus modelos de xestión políticas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) porque xera crecemento económico e emprego de calidade.

Toca sinalou na xuntanza que mantivo cos responsables desta firma de Santiago, dedicada a achegar solucións de iluminación LED de alta calidade ao sector público e industrial, que o Goberno galego está impulsando a creación de empresas innovadoras para promover o emprego de calidade. Neste senso, explicou as diferentes liñas de axudas coas que conta a Axenda 20, a planificación da Administración autonómica en materia laboral, para apoiar os proxectos innovadores e a formación á carta co propósito de dar resposta ás necesidades actuais do tecido empresarial. En palabras da secretaria xeral de Emprego, para o Goberno galego resultan prioritarios os produtos e servizos innovadores que xeren crecemento e postos de traballo altamente cualificados.

Neste contexto, indicou a importancia da formación de calidade para incrementar as oportunidades laborais das persoas sen emprego e para actualizar os coñecementos dos ocupados co obxectivo de axustar a cualificación aos perfís profesionais que nacen coas novas tecnoloxías.

Neste senso, destacou o programa de Unidades Formativas na Empresa que permiten ao tecido empresarial de Galicia, a través das axudas da Xunta, deseñar e impartir a cualificación que precisan dando, deste xeito, unha resposta concreta ás súas necesidades. Sinalou, ademais, a flexibilidade e a capacidade desta iniciativa para adaptarse aos perfís profesionais que as empresas demandan ofrecendo formación á carta.

O Goberno galego apoiará este ano a través das dúas convocatorias -cun orzamento de 9,5 millóns de euros- a formación de 5600 persoas a través de 577 cursos.

Por último, a secretaria xeral de Emprego salientou que xestionar empresas rendibles de forma ética xera maior produtividade e competitividade, apuntando que o principal obxectivo do Goberno galego é seguir avanzando no camiño da recuperación económica con políticas socialmente responsables, ao tempo que asegurou que a competitividade das empresas crecerá se existe “un verdadeiro compromiso” coa economía verde e responsable.

Segundo Toca, está demostrado que o éxito empresarial está vinculado a comportamentos socialmente responsables e, por iso, explicou que a Xunta está traballando para difundir a RSE entre as empresas galegas con diversas ferramentas dirixidas a axudar ás pequenas e medianas empresas a implantar unha xestión baseada en comportamentos responsables para favorecer que os traballadores desempeñen o seu labor nas mellores condicións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre