Inicio Galicia A Xunta salienta o recoñecemento á nova depuradora de Vigo que supón...

A Xunta salienta o recoñecemento á nova depuradora de Vigo que supón o Premio San Telmo 2019 a esta infraestrutura de referencia en saneamento e colaboración institucional

0

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia deu a coñecer hoxe as distincións


A Xunta de Galicia salientou hoxe o recoñecemento á transcendencia da nova depuradora de Vigo que supón a concesión do Premio San Telmo 2019. Trátase dunha infraestrutura de referencia en saneamento das augas e en colaboración institucional, xa que a súa execución foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, o Goberno de España e o Concello de Vigo.

A Xunta de Galicia achega case 80 millóns de euros ao financiamento desa obra pública, que recentemente se converteu tamén en referencia de eficiencia nos recursos hídricos, ao ser pioneira na reutilización da auga depurada para a limpeza.

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou hoxe na xuntanza do xurado destes galardóns que convoca o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e que hoxe deu a coñecer as distincións.

A edición de 2019 concedeu tamén tres accésits: aos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol, á ampliación da Ponte de Rande e á Autovía do Morrazo construída pola Xunta de Galicia. Esta obra, con clara finalidade de seguridade viaria, foi posta en servizo o pasado mes de xuño grazas a un investimento da Xunta de case 55 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre