Inicio Galicia A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do...

A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do sector turístico galego

0

O Goberno autonómico presentou hoxe ao tecido empresarial da provincia o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director do Igape, Juan Cividanes, presentaron hoxe por videoconferencia aos profesionais da provincia de Pontevedra o Plan de reactivación do sector turístico galego fronte ao coronavirus, nun acto no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro así como o presidente de Feprohos e secretario do Clúster de Turismo de Galicia, César Sánchez-Ballesteros.

Durante o encontro, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou que a provincia de Pontevedra xogará un papel “fundamental” na recuperación do sector turístico galego. Neste sentido, lembrou que o ano pasado este territorio achegou o 34,5% do total de viaxeiros que chegaron a Galicia e o 40% das pernoitas.

Así pois, o titular de Cultura e Turismo subliñou que o Plan de Reactivación nace coa vontade de atallar as necesidades urxentes do sector como son o mantemento do emprego, a xeración liquidez para particulares e empresas e fomentar o consumo e a reactivación do sector. “O noso obxectivo é acompañarvos e apoiar ao tecido empresarial de Pontevedra e de toda Galicia durante a transición á nova normalidade”, destacou.

Explicou ademais que se trata dun plan deseñado en colaboración o sector, recollendo boa parte da súas achegas, e que foi compartido cos representantes doutras administracións obxectivo de acadar sinerxías e optimizar os recursos e políticas públicas das diferentes institucións.

Primeiras medidasPola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro afondou na transversalidade desta folla de ruta para pór en marcha un Plan que conta cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas, das que case 30 son referidas ao eido do turismo, coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

Recordou que se trata dun plan rápido, do que as primeiras medidas entrarán en vigor en maio, co que a Xunta pretende facer de Pontevedra en particular, e de toda Galicia en xeral, un destino seguro que xere confianza entre os futuros turistas e dea garantías tamén aos residentes. Por iso, como abordou na súa intervención, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción de destino adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas, fomentarase a formación ao sector e se promoverá o turismo interno co iniciativas como o programa de Queda en Galicia, entre outras accións.

Xacobeo 2021O Plan prevé, ademais, que o Xacobeo 2021 funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística. A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.

Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, explicou na súa intervención que a Xunta traballa por minimizar o impacto da crise no conxunto empresarial poñendo en marcha medidas que facilitan a reactivación da actividade de pemes e autónomos, acompañándoos con respostas urxentes que permitan facer fronte ás súas necesidades. Cividanes destacou que tanto as novas liñas de axudas como os programas que se están a reforzar inciden en apoiar a liquidez dos colectivos empresariais máis vulnerables e os traballadores e promoven a dixitalización como unha das claves do novo entorno económico, ao tempo que inciden en garantir a confianza e a seguridade dos consumidores.

Entre os programas xa activados atópase a liña de préstamos sen intereses destinados a autónomos e pemes e os anticipos a traballadores afectados por un ERTE.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre