Inicio Galicia A Xunta salienta o papel do deseño para lograr unha recuperación longa...

A Xunta salienta o papel do deseño para lograr unha recuperación longa e duradeira

0


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no III Encontro de Deseño para a Innovación en Galicia, que se desenvolve de xeito telemático. Na súa intervención, Conde salientou o papel do deseño para lograr unha recuperación longa e duradeira.

No encontro, que contou coa participación dos deseñadores Alberto Barreiro, Manuel Vázquez e Nuria Carballo, presentouse a publicación Futuros Posibles: Deseño para a Innovación na era poscovid, que conta con profesionais galegos de éxito nacional e internacional relacionados con todos os ámbitos do deseño. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre