Inicio Galicia A Xunta salienta o importante papel que teñen as galegas e galegos...

A Xunta salienta o importante papel que teñen as galegas e galegos de máis idade na sociedade

0

Garantiu a continuidade do compromiso do Executivo autonómico por seguir a mellorar os servizos e recursos dirixidos ao benestar destas persoas

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, afirmou hoxe que as galegas e galegos de máis idade xogan un papel fundamental na construción da Galicia que queremos e destacou a aposta da Xunta por achegarlles cada día máis e mellores servizos para garantir o seu benestar. Díxoo durante a celebración do Encontro das persoas maiores organizado polo concello coruñés de Ribeira.

Ildefonso de la Campa garantiu a continuidade do compromiso do Executivo autonómico cos maiores, que se pon de manifesto no orzamento da Consellería de Política Social para 2020 que destina 450 millóns de euros, un 5,2% máis, á atención dos maiores e persoas con discapacidade.

Neste sentido, o director xeral apuntou que esta maior dispoñibilidade económica permitirá consolidar os avances en materia de dependencia, manter os incrementos na contía das prestacións e seguir a estender programas como as casas do maior, pequenos centros de día en concellos rurais, ou o programa de Coidados porta a porta, que o vindeiro ano chegará a 200 concellos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre