Inicio Galicia A Xunta salienta o apoio ás persoas inmigrantes a través dos cursos...

A Xunta salienta o apoio ás persoas inmigrantes a través dos cursos do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

0

Concedéronse preto de 24.000 euros para a organización de cursos de formación no idioma de acollida 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe, durante unha visita ás instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas, o labor que realiza esta entidade no eido da integración de persoas inmigrantes a través de diferentes accións de formación subvencionados pola Xunta de Galicia. De feito, a nova programación de actividades do centro inclúe cursos para o coñecemento do idioma e outros de formación dixital.

O director xeral garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego ao CDR de Vilardevós por medio, entre outras liñas de subvencións, da nova orde de axudas para o período 2018-2020 pola que se lle conceden preto de 24.000 euros. Cómpre indicar que esta orde de axudas conta cun crédito total de 16 millóns de euros para o financiamento de programas de entidades sociais de toda Galicia, 6 millóns máis que na convocatoria anterior.

Nesta liña, Arturo Parrado fixo fincapé no notable incremento dos fondos que a Xunta destina a políticas activas de inclusión, ata acadar nos Orzamentos deste exercicio os 119 millóns de euros. Esta contía supón un 70% máis dos que se investían a esta mesma finalidade hai unha década.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre