Inicio Galicia A Xunta salienta en Previsel o seu compromiso de velar pola seguridade...

A Xunta salienta en Previsel o seu compromiso de velar pola seguridade laboral e de apoiar ás pemes na prevención de riscos

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe en Ourense na inauguración da décimo terceira edición do Salón da Prevención e da Seguridade Laboral (Previsel)

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou hoxe en Previsel, o Salón da Prevención e da Seguridade Laboral, que se celebra en Ourense, e que cumpre este ano a súa décimo terceira edición, o compromiso da Administración autonómica de velar pola seguridade laboral e de apoiar ás empresas na prevención de riscos.

Toca destacou no acto, no que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), participa en Previsel con dúas xornadas sobre o gas radón, ademais de organizar un obradoiro sobre prevención nos traballos de altura e presentar unha guía sobre boas prácticas en prevención de riscos laborais. Así mesmo, o ISSGA conta cun stand informativo, atendido por técnicos especializados na materia.

A secretaria xeral de Emprego indicou que con estas actuacións do que se trata é de concienciar á sociedade sobre a importancia da seguridade no traballo, unha prioridade para o Goberno galego. “Un traballo seguro é necesario para o progreso económico do tecido empresarial e o benestar dos traballadores e traballadoras”, engadiu Toca.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario xeral, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

A responsable de Emprego tamén salientou a importancia da coordinación e colaboración entre as administracións e axentes sociais para mellorar as condicións laborais dos traballadores e lembrou que a Xunta traballa no eido da prevención dos riscos laborais, a través do ISSGA, que conta este ano cun plan de actividades que inclúe un total de 74 actuacións divididas en 7 eixos e cunha oferta formativa, que se impartirá en prevención de riscos laborais, coa que se prevé chegar a 1200 persoas.

Este Plan está enmarcado na Estratexia galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020, que inclúe entre os seus retos principais os de mellorar a eficiencia na coordinación entre as administracións en materia de prevención de riscos laborais; impulsar a implicación dos interlocutores sociais; facilitar a xestión preventiva e reforzar a vixilancia e o control; potenciar a análise e investigación dos accidentes; fomentar programas en sectores de alta sinistralidade; e acadar unha formación de calidade para consolidar a cultura preventiva na sociedade galega.

Plan de ActividadesToca destacou que o Plan de Actividades do ISSGA para este ano é unha iniciativa consensuada cos interlocutores sociais que inclúe, entre outros, un programa integral dirixido á protección da maternidade no eido laboral a través dunha campaña na que se lembrará ás empresas as súas obrigas neste eido, ao tempo que se realizarán visitas para comprobar o cumprimento da Lei neste ámbito. Levaranse a cabo tamén actuacións de promoción de prevención de riscos laborais en sectores con alta presenza de mulleres para contribuír á integración da igualdade na xestión nos centros de traballo.

Leer más:  Yolanda Díaz cree que las elecciones catalanas deben servir para "pasar página y caminar de forma diferente"

A folla de ruta incidirá, así mesmo, nos traballadores de máis de 55 anos, ao tempo que se realizarán accións de promoción do envellecemento activo. Ademais, executarase unha campaña dirixida aos traballadores tras unha baixa de longa duración por accidente ou enfermidade e porase en marcha o programa Alerta: pode haber amianto dirixido a administracións, autónomos, empresarios e traballadores en xeral para unha posible identificación de amianto en pequenas obras. Prestarse tamén especial atención aos sectores económicos con maiores índices de sinistralidade como o forestal, pesqueiro, o naval, a construción, o pequeno comercio de alimentación ou ás actividades relacionadas con augas mineiras e termais.

Sobre a oferta formativa para 2018, Toca salientou que inclúe importantes novidades para dar resposta a cambios normativos e técnicos para clarificar e facilitar o cumprimento e adaptación ás novas obrigas en prevención de riscos laborais. Deste xeito, levaranse a cabo 50 xornadas técnicas centradas en temas novidosos como a volta ao traballo tras unha baixa de longa duración por accidente ou enfermidade ou a utilización de drons na supervisión das medidas de seguridade nas grandes obras de infraestrutura pública.

Leer más:  Alfonso Rueda, sobre Audasa: "No es lógico ganar tanto y tener esas subidas de peajes tan grandes"

Así mesmo, desenvolverase formación dirixida a 1200 persoas: 12 cursos presenciais para 600 desempregados e ocupados, que se complementarán con 5 accións en liña para 450 persoas e un curso dirixido a 150 autónomos. Ademais, e, tal e como apuntou Toca, reeditarase a colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incluír a saúde laboral en 54 centros de formación de Primaria, Secundaria e de Formación Profesional. Ademais, continuarase impulsando o labor da Escola Galega de Prevención. Toda a oferta formativa levarase a cabo nas 4 provincias galegas.


- Te recomendamos -