Inicio Galicia A Xunta salienta en Ourense o valor dos emprendedores como dinamizadores da...

A Xunta salienta en Ourense o valor dos emprendedores como dinamizadores da economía galega e xeradores de emprego

0

O director de XesGalicia, Fernando Guldrís, destacou na entrega dos premios de AJE Ourense a transformación económica liderada polos novos empresarios

O director de XesGalicia, Fernando Guldrís, salientou hoxe na gala de entrega dos premios de AJE Ourense o valor do talento emprendedor da provincia como dinamizador do desenvolvemento económico en Galicia, contribuíndo á creación de emprego e de benestar.

Na súa intervención, Guldrís sinalou que os emprendedores están a liderar a transformación de Galicia xa que, segundo o informe GEM, a porcentaxe de poboación que iniciou ou se atopa nos primeiros anos dun proxecto empresarial acadou en 2018 o 5,6% do total dos habitantes da Comunidade, medio punto máis que en 2017 (5,06%). Ademais, catro de cada dez das iniciativas emprendedoras (37,8%) supoñen actividades innovadoras, cun liderado do emprendemento feminino, dado que o 57% dos novos proxectos son dirixidos por mulleres.

Como apoio ás novas iniciativas, a Xunta dispón da Lei de implantación empresarial, que achega máis simplificación administrativa, máis incentivos fiscais e máis facilidades para acceder ao solo. Tamén da plataforma StartIN Galicia, a rede galega de aceleradoras mediante a cal se achegou un apoio integral a máis de 1000 proxectos nos últimos cinco anos; así como de diferentes programas dirixidos a facilitar o financiamento das súas iniciativas O director de XesGalicia destacou que a cultura do emprendemento está consolidada en Ourense, onde no que levamos de ano se crearon 331 novas iniciativas, unha media dunha ao día.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre