Inicio Galicia A Xunta salienta a importancia do voluntariado para favorecer o desenvolvemento persoal...

A Xunta salienta a importancia do voluntariado para favorecer o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade

0

Cristina Pichel avoga por que as administracións públicas sigan traballando co tecido social para impulsar este eido

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou a importancia do voluntariado como fórmula para a adquisición de habilidades e coñecementos que repercuten no desenvolvemento persoal e profesional das mozas e mozos. Fíxoo esta mañá na xornada organizada pola Confederación de Centros Juveniles Don Bosco, Competencias emprego e voluntariado, ao abeiro do programa Reconoce, que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Cristina Pichel participou nunha mesa redonda sobre competencias transversais en recursos humanos, que compartiu coa vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela, Mar Lorenzo; e o xerente de marca, emprego e capital humano de Abanca, Francisco Mateo.

A directora xeral de Xuventude subliñou a importancia de achegar ferramentas para a que as mozas e mozos se impliquen no voluntariado. Paria iso, fixo fincapé en que as administracións públicas deben de seguir traballando co tecido social para fomentar eido que tantos beneficios achega á sociedade.

ReconoceReconoce é un proxecto liderado pola Confederación de Centros Juveniles Don Bosco en colaboración coa Federación Didania e ASDE Scouts de España, que se uniron para poñer en valor a experiencia do voluntariado que traballa no ámbito do tempo libre educativo, para sensibilizar ao tecido empresarial e á sociedade en xeral sobre as competencias adquiridas a través do voluntariado. Ademais diso, procuran impulsar a empregabilidade da mocidade. As tres organizacións xuvenís, aglutinan en toda España a preto de 15.000 persoas voluntarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre