Inicio Galicia A Xunta salienta a función de dinamización cultural das librarías na apertura...

A Xunta salienta a función de dinamización cultural das librarías na apertura das II Xornadas Profesionais do sector

0

No encontro participaron o director xeral de Políticas Culturais e o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria


O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe o papel das librarías como elementos de dinamización cultural na apertura das II Xornadas Profesionais do sector, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia na Cidade da Cultura. Ao acto asistiu tamén a directora da federación, Pilar Rodríguez, e o secretario xeral técnico da consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea.

O encontro aborda durante toda a xornada de hoxe diferentes aspectos de interese neste eido, como a transformación dixital, o uso de redes sociais ou a aposta pola internacionalización, fomentando a presenza das librerías galegas en feiras e mercados de Portugal. De feito, no marco desta xornada, técnicos do Igape informaron sobre as convocatorias do programa Galicia Exporta, que inclúe apoios para chegar a novos mercadosO responsable de Políticas Culturais do Goberno galego felicitou á Federación de Libreiros de Galicia por promover este encontro e incidiu na dimensión cultural e comercial deste sector, que cualificou como fundamental á hora de promover a comercialización de novidades editoriais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre