Inicio Galicia A Xunta reúnese cos sindicatos do ensino non universitario para analizar o...

A Xunta reúnese cos sindicatos do ensino non universitario para analizar o desenvolvemento do curso escolar

0
image_gallery.jpg


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, reuníronse hoxe coas organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial para analizar a evolución do curso escolar nestes primeiros meses de clase. Neste sentido, o conselleiro recalcou que a actividade lectiva se está a desenvolver con normalidade, dentro da gran excepcionalidade que supón o contexto da pandemia da covid-19, e agradeceu a implicación de toda a comunidade educativa.

No transcurso da reunión as partes comprometéronse a manter activo o diálogo establecido xa desde a convocatoria do Consello Escolar de Galicia o 9 de setembro, unha colaboración necesaria para o bo desenvolvemento deste ano académico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre