Inicio Galicia A Xunta reúnese cos representantes dos GES para darlles a coñecer as...

A Xunta reúnese cos representantes dos GES para darlles a coñecer as melloras que busca implantar no sistema de emerxencias

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicoulles que o obxectivo é reducir as zonas de sombra do mapa de emerxencias a través do incremento e mellora de ata 8 destas agrupacións


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha xuntanza con representantes dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES) para darlles a coñecer as melloras que a Administración autonómica quere implantar no actual sistema de emerxencias. No encontro tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias.

A Xunta ten marcado entre as súas máximas prioridades seguir avanzando no mapa das emerxencias e completalo. Por iso, ten consignado nos orzamentos de 2019 un importante aumento no eido das emerxencias.

A proposta da Xunta é aumentar e mellorar ata 8 destes servizos de emerxencias, sempre en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e das deputacións provinciais.

Ademais deste incremento, na Comisión de seguimento dos GES tamén se propuxo unha revisión das funcións. A proposta da Xunta é camiñar cara a especialización deste grupos e limitar outro tipo de accións que poidan comprometer unha resposta rápida ante unha emerxencia. Deste modo, o obxectivo é que o seu labor se centre en actuacións en materia de protección civil e prevención das emerxencias.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo y la Diputación comienzan la obra de la humanización de Samil

A Xunta comprometeuse tamén a seguir colaborando no financiamento destes grupos de emerxencia, aínda que lembrou que para a mellora e mantemento dos mesmos e por ámbito competencial, requírese dunha maior implicación dos concellos e das deputacións,que precisamente son os que teñen a competencia na materia, segundo se recolle na Lei de Emerxencias do ano 2007.

Cómpre lembrar que, ademais do mantemento, a Xunta tamén inviste en equipamento e formación deste persoal. Así, por exemplo, a Xunta ten aportado nos últimos tres anos máis de 2,7 millóns de euros en material e medios de diversa tipoloxía para GES. 


- Te recomendamos -