Inicio Galicia A Xunta reúnese con ADEAC para avaliar as necesidades e buscar solucións...

A Xunta reúnese con ADEAC para avaliar as necesidades e buscar solucións en materia de socorrismo

0


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse esta mañá co vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), José Palacios, para analizar as necesidades actuais en materia de socorrismo e traballar en buscar solucións.

Este encontro inscríbese na serie de reunións que está a manter a Xunta cos actores implicados. Esta mesma mañá o director xeral reuniuse coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez. Recentemente, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro de traballo co presidente da Fegamp, Alfredo Rodríguez, para tratar este mesmo asunto. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre