Inicio Galicia A Xunta reúnese co sector profesional das orquestras para avaliar a súa...

A Xunta reúnese co sector profesional das orquestras para avaliar a súa situación de cara á tempada estival

0

O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron unha videoconferencia con representantes desta industria musical co fin de traballar na planificación post covid-19


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron unha xuntanza con representantes do sector profesional das orquestras para avaliar a súa situación de cara á tempada estival, que estará condicionada polas características derivadas da covid-19.

Na videoconferencia participaron, en representación desta industria musical, a Asociación Galega de Orquestras, Gaias Eventos Musicales, a Asociación de Representantes Técnicos de Galicia e a Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega).

O encontro permitiu expoñer e analizar as necesidades actuais das orquestras, un sector que dá emprego a numerosas familias e xera actividade na Comunidade, especialmente durante os meses de verán, e cuxa actividade deberá desenvolverse, en coordinación cos concellos que as acollen, en condicións diferentes ás habituais debido á crise sanitariaOs representantes da Xunta mostráronse favorables a que se poidan celebrar verbenas este verán e sinalaron que as condicións deben ser marcadas polo Goberno central mentres dure o estado de alarma, e, posteriormente, polos propios concellos. En todo caso, sinalaron, deben manterse as medidas de seguridade.

Tamén apuntaron a relevancia social e económica das orquestras, un fenómeno moi arraigado nas celebracións populares galegas que como, avanzaron, está na folla de ruta do Goberno galego para facilitar o seu labor.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre