Inicio Galicia A Xunta reúne en Santiago a 200 profesores para concienciar da loita...

A Xunta reúne en Santiago a 200 profesores para concienciar da loita contra o sedentarismo a través das xornadas 'O centro educativo como promotor da actividade física e saúde'

0

As consellerías de Sanidade e de Educación e a Secretaría Xeral para o Deporte unen as súas forzas nestas conferencias que contan co obxectivo de promover a implantación dos Plans de Vida Activa en centros educativos escolares, coñecer ferramentas de avaliación dos plans de vida activa e coñecer experiencias de éxito en Galicia


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, acompañado do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, e da vicexerente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Raquel Vázquez Mourelle, participou na mañá de hoxe na inauguración das I Xornadas Monográficas O Centro Educativo como promotor de Actividade Física e Saúde, organizadas pola Fundación Deporte Galego co respaldo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Estas xornadas que contan co obxectivo de promover a implantación dos Plans de Vida Activa en centros educativos escolares, integrados nos proxectos educativos de centro; coñecer ferramentas de avaliación dos plans de vida activa, e o seu traballo posterior en función dos resultados obtidos; así como coñecer experiencias de éxito en Galicia, contou coa participación de preto de 200 inscritos, na súa maioría profesores.

Na súa intervención, o secretario xeral puxo de manifesto a evidencia da “altamente preocupante presencia da inactividade física, cualificada xa de problema de saúde pública mundial, con todas as derivadas que de aquí podamos deducir”. Para este emendar este erro, Lete Lasa dixo que “a actividade física e o deporte deben ser parte da educación, porque contribúen á igualdade, reducen a vulnerabilidade e aportan definitivamente á formación de cidadáns autónomos e comprometidos”. Só a través da educación, apuntou, “maximizaremos os nosos resultados: menos sedentarismo, máis condición física e, por tanto, saúde; máis igualdade para todos e para todas”.

Neste sentido enumerou algunhas das necesidades que se precisan cubrir para acadar estes obxectivos como “suficiencia de tempo en horarios escolares, instalacións e equipamentos apropiados, currículos axeitadamente deseñados, procedementos apropiados de valoración, profesorado cualificado e un apoio administrativo, real e axeitado, para o establecemento de redes entre as áreas de actividade física e a atención sanitaria na comunidade local”, premisas xa apuntadas no 2008 polas directrices de actividade física da Unión Europea.

Galicia SaudableAdemais de buscar as solucións aos problemas que nos atinxen, o secretario xeral lembrou algúns exemplos de experiencias exitosas como o Plan Galicia Saudable que comezou no ano 2012 con 50 centros e que hoxe xa conta con 310.

Neste punto tamén agradeceu o traballo da Fundación Gasol, a Cátedra Galicia Saudable da UDC ou o Instituto de Neurociencia de Castela e León, presentes nas xornadas e, sobre todo, o compromiso do Goberno galego na loita contra a inactividade física e o sedentarismo.

Lete sinalou como punto central destes esforzos o traballo conxunto entre as consellerías de Sanidade e de Educación e tamén a Secretaría Xeral para o Deporte e que ten atopado tanxencias de prestixio como a Plataforma DAFIS, recoñecida pola Organización Mundial da Saúde como exemplo español para Europa na promoción da actividade física no ámbito escolar e que, evidentemente, nos anima a seguir traballando.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre