Inicio Galicia A Xunta retoma as obras de construción do centro de saúde do...

A Xunta retoma as obras de construción do centro de saúde do Saviñao coa previsión de rematalas no outono

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que está terminada a cimentación e agora acométese a execución da estrutura do novo edificio sanitario

A Xunta de Galicia retomou o pasado luns as obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao, situado na rúa Valle Inclán de Escairón. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a previsión é rematar os traballos no outono.

A execución do novo edificio sanitario ten un orzamento de 1.138.455 euros. Estase a edificar sobre una parcela de 2.060 metros cadrados, cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde. O novo centro suporá ampliar nun 33% o espazo actual, pasando dunha superficie de 562 metros cadrados ata os 745 metros cadrados.

Balseiro sinalou que o movemento de terras e a cimentación están terminados e agora retómase a execución da estrutura do edificio. Este disporá de seis consultas na área de medicina e enfermería, das que tres serán de medicina xeral e tres de enfermería, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente. Polo que atinxe á área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría. O novo centro contará tamén con sala de xuntas, á que hai que engadir os espazos para arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns e vestiarios, entre outras dependencias.

Interior O interior estará distribuído en tres grandes áreas. Na de acceso situarase a recepción e a administración. O vestíbulo será un espazo amplo no que se atopará o mostrador, un almacén, aseos públicos e unha área de espera.

Na área de clínica xeral e pediatría acomodaranse as consultas de medicina e enfermería e a sala polivalente. Separará a zona de nenos e adultos. Na primeira haberá unha consulta con dous despachos -para medicina e enfermería-, zona de espera e aseo propio; ademais ofrece a posibilidade de uso dun patio exterior se se estima oportuno. Ningunha destas dependencias é visible dende outros espazos do edificio e non é necesario atravesalas para chegar a outras zonas do centro xa que se accede a ela directamente dende o distribuidor da entrada.

Contiguas á área de consultas sitúanse as zonas de espera e próximos a elas os aseos públicos adaptados. A área de persoal, para uso exclusivo dos profesionais, estará diferenciada das zonas de uso clínico; disporá de dous vestiarios e unha sala de xuntas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre