Inicio Galicia A Xunta retirou 13.000 niños de vespa velutina ao abeiro do plan...

A Xunta retirou 13.000 niños de vespa velutina ao abeiro do plan de loita contra esta especie en coordinación cos concellos

0

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións de Seaga en GuísamoO Goberno galego, en colaboración dos 285 concellos adheridos ao Plan, encargase da retirada dos niños a través da empresa pública Seaga A Xunta ofrece unha atención centralizada e coordinada cos concellos e unha resposta homoxénea en tódalas zonas afectadas para acadar maior eficacia O Plan de loita contra a vespa velutina púxose en marcha a finais de xaneiro en colaboración coa Fegamp e conta cun investimento de 2,3 M€  

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo hoxe balance do Plan de loita contra a vespa velutina acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e destacou que desde a súa posta en marcha a finais de xaneiro o operativo de Seaga encargado da encomenda retirou preto de 13.000 niños. Así o sinalou durante unha visita ás instalacións da empresa pública en Guísamo, onde tamén apuntou que están adheridos a este plan 285 concellos, o que supón o 90% dos municipios galegos.

Por provincias, os operarios de Seaga eliminaron ou neutralizaron máis de 6.500 niños na Coruña, case 4.000 en Pontevedra, máis de 1.400 en Lugo e máis de 900 en Ourense. A maioría dos niños foron retirados nun prazo de menos de cinco días hábiles, ao estar situados a menos de 25 metros de altura e en lugares accesibles.

Cómpre ter en conta que en moitos do total de 23.730 avisos recibidos no Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 non procede actuación ou están pendentes de actuacións posteriores. Ademais, atendéronse 456 incidencias que polas súas circunstancias ou situación correspondían inicialmente a emerxencias.

Natalia Prieto explicou que o Goberno galego presta a través deste plan unha atención centralizada e coordinada cos concellos para facer fronte ao aumento da presenza da vespa velutina en Galicia nos últimos anos. De feito, indicou que a Xunta xa viña traballando desde 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o impacto da especie na comunidade e decidiu redobrar esforzos. Así, a Administración autonómica, en colaboración cos 285 concellos adheridos, realiza os traballos de retirada de niños da vespa velutina a través dos efectivos de Seaga.

O Plan conta cunha dotación de 2,3 millóns de euros de fondos propios da Xunta e do Fondo de Cooperación Local. A directora xeral de Administración Local engadiu que se basea na concentración de recursos para eliminar os niños co obxectivo de ofrecer unha solución homoxénea en tódalas zonas afectadas e acadar unha maior eficacia.

O operativo de Seaga encargado da retirada de niños de vespa velutina conta con 80 efectivos, a maioría deles no equipo de intervención distribuído entre os centros de Santiago de Compostela, A Coruña -ubicado en Guísamo-, Lugo, Ourense e Pontevedra; aos que se suma un equipo de coordinación con profesionais de perfil técnico e administrativo. A Xunta mantivo durante o estado de alarma decretado polo coronavirus a atención dos avisos recibidos no 012 e os traballos por parte do operativo de Seaga cumprindo tódolos protocolos de prevención necesarios.

Nesta liña, o Goberno galego reforzou o equipamento do operativo de intervención, ao que dotou dos medios necesarios para realizar o seu traballo con tódalas garantías de seguridade e de material que facilitan o traballo de neutralización e eliminación dos niños. Ademais, o equipo de Seaga sinaliza os niños inactivos cunha pegatina na que se indica a data da visita e informa por SMS do estado dos avisos ás persoas que os comunicaron.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre