Inicio Galicia A Xunta resolveu o 80 por cento das solicitudes de axuda presentadas...

A Xunta resolveu o 80 por cento das solicitudes de axuda presentadas polos afectados da explosión de Paramos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou a importancia que ten, en situacións de emerxencia como a ocorrida en Paramos, a implicación de todas as Administracións con competencias na materia


A Xunta leva resoltas o 80 por cento das solicitudes de axuda presentadas en materia de vivenda por parte dos afectados pola explosión da pirotécnica de Paramos. O importe do conxunto das solicitudes concedidas ascende a 2,93 millóns de euros.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se achegaron hoxe a Tui, acompañados do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron unha xuntanza coa plataforma de afectados pola explosión da pirotécnia, para coñecer de primeira man a situación e necesidades dos afectados e facer balance das axudas postas en marcha pola Xunta.

Dende o primeiro momento a Xunta estivo cos afectados, traballando de inmediato na extinción e na atención aos feridos e a continuación habilitando medidas para paliar no posible os danos producidos e apoialos. A Xunta tamén se comprometeu en trasladar as súas reclamacións a outras administracións para que se impliquen na recuperación, tal e como pediu o presidente da Xunta na súa reunión co presidente do Goberno. Nesta liña, Alfonso Rueda destacou a importancia que ten, en situacións de emerxencia como a ocorrida en Paramos, a implicación de todas as Administracións con competencias na materia.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Así, o vicepresidente pediu ao goberno central que detalle as medidas de apoio aos afectados, xa que seguen sen concretarse, mesmo unha vez aprobada a declaración de zona gravemente afectada por emerxencia de protección civil. Por exemplo, Rueda fixo especial fincapé nas exencións fiscais dos beneficiarios das axudas.

Axudas vivendaA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou que a semana pasada rematou o prazo para a presentación de solicitudes, que a Xunta habilitou para paliar os danos materiais que se produciron nas vivendas, e enxoval doméstico, e para o aloxamento provisional para os afectados pola explosión pirotécnica de Paramos, en Tui. En total recibíronse case 150 solicitudes e, na actualidade, xa se teñen concedido un 80% das mesmas.

O importe das axudas para o aloxamento ascende a case 120.000 euros, que custeará os gastos de alugueiro da vivenda para aquelas persoas que tiveron que abandonar o seu fogar habitual de forma temporal, así como outros gastos complementarios derivados da formalización dun contrato de alugueiro, como a fianza ou darse de alta nos contratos de subministros.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

No caso das axudas para reparación de vivendas e enxoval doméstico, estas están dirixidas a propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios que residían de forma habitual e permanente ou de forma ocasional nas vivendas danadas pola explosión. Tal e como explicou a conselleira, as axudas tamén comprenden os danos causados nas construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada, como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo ou instalacións eléctricas, entre outros. O importe do conxunto das solicitudes concedidas ascende a 2,93 millóns de euros, dos que xa se abonaron case 2 millóns dos concedidos.

Vázquez Mejuto sinalou que a Xunta -a través do IGVS- non podía actuar doutro xeito que non fora estar en contacto permanente e ofrecer un servizo de asesoramento aos afectados, co fin de facilitarlle os trámites de presentación das solicitudes de axudas, así como a persoal técnico para inspeccionar os bens afectados.

Durante a xuntanza, tamén se garantiu a atención psicolóxica a quen non se pode desprazar ata Vigo. Por iso, mañá desprazarase ata Tui o xefe do servizo de Psiquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro para avanzar na coordinación deste recurso.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

- Te recomendamos -