Inicio Galicia A Xunta resolve as axudas para actividades dos clubs deportivos federados que...

A Xunta resolve as axudas para actividades dos clubs deportivos federados que ascenden a máis de 266.000 euros na Coruña

0

Ovidio Rodeiro visitou dúas entidades e destacou que estas axudas da Secretaría Xeral para o Deporte son as máis importantes que se destinan para actividades do deporte de base


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe os clubs Maristas de Basket e o Natación Liceo para informar que a Secretaría Xeral para o Deporte vén de resolver a orde de axudas dirixidas a entidades deportivas que desenvolvan as súas actividades no ámbito federado. Estas achegas permiten sufragar conceptos como gastos en seguros deportivos, desprazamentos, arbitraxes ou organizacións de eventos ou competicións. “Son fundamentais para que os clubs deportivos poidan manter a súa actividade diaria”, puntualizou o representante do goberno autonómico.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas da Xunta de Galicia son as máis importantes que as diferentes administracións destinan para o deporte de base tanto na cidade como na súa área metropolitana, xa que estamos a falar de máis de 266.000 euros na área e 171.000 na cidade”.

Na comarca da Coruña recibirán estas achegas 119 entidades deportivas das cales 63 son da cidade da Coruña, 19 de Oleiros, 12 de Arteixo, 7 de Culleredo, 4 de Cambre, 4 de Betanzos, 4 de Sada, 3 de Carral, 1 de Bergondo, 1 Abegondo e 1 Miño.

O delegado tamén adiantou que unha segunda axuda para clubs, a de equipamento deportivo, resolverase a mediados de novembro e significará unha nova inxección para os equipos da provincia, xa que está dotada con arredor de 2’5 millóns de euros.

Neste caso, a subvención vai orientada para sufragar equipamento que faciliten e melloren as condicións nas que os deportistas desenvolven a súa modalidade ou especialidade, como por exemplo vehículos de desprazamento, canoas ou outro material inventariable para a práctica do deporte.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre