Inicio Galicia A Xunta reserva 300.000 euros para a obra de ampliación do salón...

A Xunta reserva 300.000 euros para a obra de ampliación do salón de actos, comedor e cafetería de uso educativo no IES de Foz

0

A Consellería de Educación enmarca esta actuación no plan de potenciación dos espazos vinculados aos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo que se imparten neste centro


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reserva un investimento de 300.000 euros para diversas obras de mellora no I.

E.

S de Foz, ao abeiro do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas que promove o Goberno galego.

A actuación prevista ten por obxecto ampliar o salón de actos do centro, e tamén o comedor e a cafetería, ambos espazos de uso docente vinculados aos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo que se imparten neste centro.

Así o explicou esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dun encontro coa dirección do instituto e representantes da asociación de nais e pais, no que estivo acompañado do alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira, entre outros.

Balseiro avanzou que a administración traballa cunha planificación concreta pola que se estima encargar o proxecto técnico da obra neste primeiro semestre deste ano, licitar os traballos no segundo semestre de 2019, e executar a obra no curso 2019-2020.

Potenciación da FPDestas melloras beneficiaranse a totalidade dos preto de medio millar de alumnas e alumnos que cursan os seus estudos neste instituto e, moi especialmente, o estudantado de Formación Profesional, xa que logo, a cafetería e o comedor empréganse como aulas de prácticas.

No caso do salón de actos, instalación común a todo o centro, estudarase a mellor solución técnica para modernizalo e si é posible amplialo, “entre outras razóns, facéndonos eco dunha demanda liderada polo alcalde, xa que este salón acolle as distintas actividades do centro, entre elas, os campionatos internacionais de baristas e de catas de café que, cada ano, con gran éxito, reúnen a un gran número de participantes, profesionais e público, e queda pequeno o aforo”O IES dispón dunha ampla oferta educativa que inclúe ciclos formativos de grado medio e superior, en réxime ordinario e de adultos, así como formación profesional básica. Tamén se imparten educación secundaria obrigatoria e bacharelato (nas modalidades de ciencias e humanidades e ciencias sociais), en réxime ordinario e para adultos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre