Inicio Galicia A Xunta resalta o papel esencial das entidades da economía social polo...

A Xunta resalta o papel esencial das entidades da economía social polo seu compromiso coas persoas e co traballo inclusivo

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse en Santiago de Compostela cos representantes de todas as entidades que integran o Foro pola Economía Social Galega para sentar as bases da súa colaboración en 2021


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de completar a rolda de contactos mantida nas últimas semanas en Santiago de Compostela con representantes do Foro pola Economía Social Galega e cos interlocutores das entidades que o integran. Como resultado dos mesmos sentáronse as bases das relacións que a Xunta estreitará en 2021 con estas organizacións, dado o papel esencial que terán cara á reactivación económica, polo seu compromiso coas persoas e co traballo inclusivo.

Lorenzana presidiu as diferentes xuntanzas celebradas en Santiago de Compostela nas últimas semanas co presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; con Ana Oliveira, presidenta da Unión de Cooperativas de Galicia (Espazo coop); Severino Montes da Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca); José Antonio Vázquez da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), Eduardo José Salido da Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e Isabel Fraga da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga).

Nas mesmas, a conselleira trasladou o compromiso a da Xunta coa economía social, un modelo sustentable e igualitario que promove emprego de calidade e que ten un papel esencial cara a reactivación económica de Galicia.

A Consellería de Emprego e Igualdade traballa para fortalecer a presenza deste modelo empresarial, que ten entre a súas virtudes o seu gran achegamento á sociedade e ao territorio. Para Lorenzana, as entidades da economía social teñen un papel decisivo como motor da reactivación económica e formar parte da esencia dos galegos e galegas e por ter demostrado tradicionalmente grande resiliencia ante os cambios.

A Consellería acompañou ao Foro pola Economía Social Galega na súa andaina -constituíuse como asociación o pasado febreiro- e comprometeuse a manter as liñas de colaboración con esta entidade nos orzamentos do próximo ano.

A Xunta ademais comparte obxectivos comúns con cada unha das entidades que integran o Foro, no marco da Estratexia Galega de Economía Social 2019-2021, que busca crear novas oportunidades de negocio e de actividade económica en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. Entre outros, na busca da visibilidade do conglomerado da economía social, representando os seus intereses ante os principais axentes económicos e da vida pública e promovendo actividades de colaboración, plans locais de economía social e oportunidades sectoriais.

En 2019 Galicia foi designada como rexión amiga da economía social pola Comisión Europea. No marco da estratexia para este sector, a Xunta pretende que as entidades de economía social poidan ser un 10% máis e xeren un 20% máis de emprego ata finais de 2021. Tamén se traballa para potenciar a presenza feminina nas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral que conforman a economía social.

O Foro pola Economía Social Galega representa a 371 organizacións, cunha facturación de máis de 1.616 millóns anuais, que ofrecen emprego directo a 9.276 persoas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre