Inicio Galicia A Xunta resalta o dinamismo e a calidade do comercio ribadense

A Xunta resalta o dinamismo e a calidade do comercio ribadense

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou esta tarde a localidade mariñá de Ribadeo, onde salientou o dinamismo e a calidade do comercio local, apuntando que contribúe a crear riqueza e emprego na localidade e a potenciar o seu atractivo turístico. Durante o percorrido polas principais rúas da vila, a directora xeral estivo acompañada por directivos da asociación de comerciantes ACISA, coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora en diferentes accións de dinamización do centro comercial aberto (CCA) local. Entre elas, unha campaña para a utilización nos negocios da localidade de bolsas de papel nas que se resalta o papel de Ribadeo como localidade comercial, e que hoxe se repartiron entre os clientes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre