Inicio Galicia A Xunta repasa o papel da muller ao longo da historia para...

A Xunta repasa o papel da muller ao longo da historia para visibilizar as pioneiras do feminismo

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu este sábado o acto de confraternidade en Melide onde falou sobre a historia do feminismo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu este sábado a un acto de confraternidade con mulleres de Melide onde se abordou o papel da muller ao longo da historia. López Abella fixo unha viaxe pola historia da humanidade para poder comprender a perspectiva histórica do feminismo.

Susana López Abella comezou puntualizando que é de xustiza visibilizar e pór en valor a todas aquelas mulleres que foron invisibilizadas ao longo da historia ou que non se lles concedeu a importancia merecida polos seus logros. A secretaria xeral mencionou a Enheduanna, a primeira poeta coñecida, a Merith Ptah, a primeira muller da que se ten constancia na historia da ciencia, ou Hipatia de Alexandría, primeira muller matemática da que se ten coñecemento.É importante, explicou López Abella, coñecer a situación da muller con respecto ao home. Por isto destacou como o sufraxio das mulleres marca o movemento feminista, para logo finalizar con algunhas figuras en España como Concepción Arenal ou Clara Campoamor, á que lle debemos, case na súa totalidade, o dereito ao voto feminino a principios do século XX.

Tamén tiveron lugar as figuras femininas dentro da historia galega, personaxes a cabalo entre a mitoloxía e a realidade. Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán son dous exemplos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre