Inicio Galicia A Xunta repartiu nos últimos catro anos máis de 400.000 euros entre...

A Xunta repartiu nos últimos catro anos máis de 400.000 euros entre 37 asociacións de veciños e comunidades de usuarios de augas de Ponteareas

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a asociación de veciños San Gregorio de Guillade e a comunidade de usuarios de augas de Augalevada


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe dúas das asociacións de veciños do concello de Ponteareas que recibiron axudas da Vicepresidencia, xunto co seu alcalde, Xosé Represas. O Goberno galego financiou nos últimos catro anos actuacións en 37 entidades veciñais e comunidades de augas do concello, nas que investiu máis de 400.000 euros. Deste importe, case 100.000 euros repartíronse este ano entre oito organizacións.

Marta Fernández-Tapias achegouse primeiro á asociación de veciños San Gregorio de Guillade, onde comprobou de primeira man as actuacións levadas a cabo para construír un porsche na entrada do local social, que tamén se dotou do equipamento preciso para a oficina habilitada na planta alta. Así, ao abeiro das subvencións do Plan Específico de acción comunitaria que cada ano convoca a Xunta, esta organización recibiu case 17.000 euros, dos que case 10.000 se destinaron ás obras e a partida restante ao equipamento. A directora xeral de Administración Local tamén visitou a comunidade de usuarios de augas de Agualevada, que contou cunha axuda de máis 12.540 euros do Goberno galego. Grazas a este investimento cambiáronse as tuberías da línea actual co obxectivo de solventar as roturas e a falta de suministro de auga a algúns usuarios, ao mesmo tempo que se modificaron as saídas dos depósitos feitas en ferro por outras de acero inoxidable e se instalou un contador de agua. A subvención para esta actuación ascendeu a case 12.000 euros, aos que se suman outros 548 euros da liña de equipamentos para a compra dun ordenador e unha impresora cos que axilizar os trámites e xestións da entidade. As axudas do Plan Específico de acción comunitaria van dirixidas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais. Para as entidades veciñais e as organización de mulleres rurais, este plan apoia o acondicionamento e a mellora dos locais sociais, a compra de novos equipamentos, a prestación de novos servizos, a organización de actividades ou a reparación de camiños veciñais. Pola súa banda, as comunidades de usuarios de auga poden obter subvencións a través deste programa para a execución de obras de reparación de traídas veciñais de auga. Marta Fernández-Tapias destacou que esta orde de axudas da Vicepresidencia contribúe a redundar na mellora da calidade de vida local e o benestar dos cidadáns e, desta forma, a Xunta aposta polo asociacionismo e a dinamización do movemento veciñal. Por iso, a Administración autonómica incrementará a dotación da convocatoria de axudas do ano que vén ata os 2,5 M€, o que supón un 70% máis que os 1,5 M€ deste exercicio.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre