Inicio Galicia A Xunta reparte un novo envío de material de protección individual para...

A Xunta reparte un novo envío de material de protección individual para os traballadores dos centros sociais da provincia de Ourense

0

O reparto, e xa van 11, realizouse entre 108 entidades e incluíu máis de 93.000 equipamentos individuais, así como 390 botes de xel hidroalcoólico e 68 garrafas de desinfectante

Esta semana o Goberno galego enviou a undécima partida de material aos centros sociais da provincia de Ourense integrada por máis de 93.000 unidades de protección individual que se repartiron entre 108 entidades. Así, repartíronse 44.200 luvas, 48.306 máscaras, 4 mandís, 300 gorros, 200 calzas e 216 flyer Sentidiño , así como 390 botes de xel hidroalcoólico e 68 garrafas de desinfectante.

Con estas achegas o Goberno galego desde o inicio da declaración da pandemia e alerta sanitaria quere garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestas entidades de atención e coidado de colectivos vulnerables ao coronavirus. Así, desde que se decretou o estado de alarma, a Xunta de Galicia leva distribuído 11 partidas de material integradas por preto de 1,2M de unidades de material de protección individual a un total de 179 centros sociais ourensáns para loitar contra a covid-19. As entidades que reciben estas achegas, públicas e privadas, son centros de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude existentes na provincia ourensá. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre