Inicio Galicia A Xunta renova o seu compromiso cos concellos e destina 11M? ao...

A Xunta renova o seu compromiso cos concellos e destina 11M? ao fondo de compensación ambiental

0

A nova convocatoria, que se publicará o luns no Diario Oficial de Galicia, inclúe axudas para a erradicación do gas radón dos edificios municipais

A Xunta renova o seu compromiso cos concellos galegos e destina este ano 11 millóns de euros ao Fondo de Compensación Ambiental, tal e como se publicará o luns 25 no Diario Oficial de Galicia.

A nova anunciouna o vicepresidente primeiro nunha visita ao concello de Covelo, no que a Xunta investiu no 2020 máis de 70.000 euros en obras de saneamento e na adquisición dun remolque hidrolimpador. Son este tipo de iniciativas as que se sufragan co Fondo de Compensación Ambiental, que destina os ingresos derivados do canon eólico a axudas nos municipios que teñen parques de aproveitamento eólico no seu territorio e aos que presentan proxectos de recuperación ambiental.

Na nova orde especifícase que os concellos, mancomunidades e consorcios locais poderán presentar, tal e como veñen facendo desde hai unha década, proxectos que teñan que ver coa mellora ambiental do seu territorio, con actuacións de saneamento e coa xestión de residuos, se ben o Fondo de Compensación Ambiental subvenciona tamén a compra de maquinaria ou a contratación de persoal para estas iniciativas.

Na convocatoria do 2021 destaca a inclusión expresa de financiación de obras en edificios municipais para reducir e mitigar os riscos derivados da exposición ao gas radon. Pola perigo que supón para a saúde das persoas, a orde inclúe subvencións para a súa erradicación, así como para a adquisición de equipamentos para efectuar medicións e para a toma de mostras de calquera actividade molesta ou insalubre.

O Fondo de Compensación Ambiental subvenciona tamén actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao uso de enerxías renovables, á protección do medio ambiente, mellora de eficiencia enerxética, sistemas de aforro de auga e xestión de residuos, pero tamén a man de obra, a contratación de persoal, os proxectos e dirección de obra ou a adquisición de equipamentos, e mesmo campañas divulgativas e de sensibilización sobre boas prácticas ambientais.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, tivo oportunidade de comprobar en Covelo os beneficios desta liña de colaboración aberta entre a Xunta e as Administración locais, que no ano 2020 materializouse no concello pontevedrés nunha achega de 70.000 euros para a compra dun remolque hidrolimpador e para a ampliación da rede de saneamento ao lugar do Castro e á rúa Margarida. Desde o ano 2009, o concello de Covelo recibiu máis de 1,1M€ das liñas de colaboración entre a Xunta e as Administracións locais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre