Inicio Galicia A Xunta renova o seu compromiso co desenvolvemento turístico de Ferrolterra, un...

A Xunta renova o seu compromiso co desenvolvemento turístico de Ferrolterra, un destino que está a medrar a un ritmo do 11%

0

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, puxo en valor a progresiva consolidación deste ámbito territorial como destino turístico, destacando o feito de que Ferrol sexa punto de partida do Camiño Inglés e a cidade referente no ámbito do turismo industrial


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe na sinatura dun convenio de colaboración coa Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol a través do cal, Turismo de Galicia colaborará para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino de Ferrolterra-Rías Altas.

Durante o acto, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa promoción dun xeodestino que abrangue ata a 21 municipios da zona e que presenta numerosos encantos e recursos de grande importancia medioambiental e paisaxística como o parque natural das Fragas do Eume ou a costa Ártabra, entre outros. Así mesmo, apuntou que outro valor turístico deste territorio está na propia cidade de Ferrol como punto de partida do Camiño Inglés e como referente no eido do turismo industrial.

Leer más:  La Xunta intentó favorecer la coordinación aeroportuaria, pero cada ayuntamiento "tira hacia su lado"

Ademais, Rey Varela apuntou que as accións conxuntas entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade que se recollen no convenio asinado esta mañá “permitirán consolidar dunha maneira sustentable e con calidade un destino que, ano tras ano, vai gañando en peso e en importancia turística para Galicia”.

Os viaxeiros permanecen máis díasNesta mesma liña, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a importancia da colaboración levada a cabo nos últimos anos coa Mancomunidade de concellos da comarca por estar a permitir, dixo, posicionar a marca turística Ferrolterra como parte esencial da marca Galicia, como así o demostran as cifras que acaba de rexistrar no primeiro semestre do ano. O número de viaxeiros creceu nos seis primeiros meses do ano un 5,6% e o volume de noites un 11%. Con máis de 110.000 noites convértese na cifra de pernoitas máis elevada dos últimos tres anos neste destino.

Pero máis alá dos datos da demanda turística, Ferrolterra está a cumprir un dos obxectivos nos que a Xunta de Galicia ten especial interese en seguir avanzando como é o de afianzar o crecemento en calidade, no que a Comunidade debe ser referencia. Neste sentido, Nava Castro salientou que este destino está a medrar especialmente en parámetros nos que a Estratexia de turismo de Galicia 2020 traballa como a estadía media, que medrou máis dun 5%. “Se a Ferrolterra veñen cada vez máis turistas, tamén quedan cada vez máis días entre nós atraídos polos numerosos recursos desta zona e iso é especialmente positivo para este destino e para Galicia”, explicou Nava Castro.

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

Para afondar neste crecemento de calidade e responsable, o convenio asinado hoxe comprende accións que consoliden produtos turísticos neste xeodestino, reforzar a imaxe de marca de Ferrolterra e impulsar a comercialización de recursos innovadores. Turismo de Galicia colaborará economicamente para que desde a Mancomunidade se poda facer unha intensa promoción do destino tanto en internet como en soportes físicos ou espazos de grande afluencia.

Referente do turismo tranquiloOutro punto importante será o da difusión e comercialización do “turismo slow” ou turismo tranquilo, que é un dos elementos que mellor define este destino. As accións incluídas neste convenio irán encamiñadas a fortalecer esta rede de traballo cos axentes do sector para mellorar a oferta de aloxamentos e deseñar tamén unha serie de actividades e servizos slowfriendly complementarios.

Tamén se reforzará o papel de Ferrolterra no eido xacobeo. Porque este convenio – a través do cal Turismo de Galicia aportará 120.000 euros- permitirá afondar nas oportunidades de promoción relacionadas co Camiño Inglés, un dos itinerarios que máis está a medrar neste ano, a un ritmo próximo ao 30%. E xunto ao Camiño Inglés, tamén terá presenza a peregrinación a San Andrés de Teixido, como un elemento ao redor do que deseñar experiencias de viaxe que permitan singularizar e diferenciar o destino de Ferrolterra.

Leer más:  La alcaldesa de Santiago solicitará la participación de Rueda en el plan estratégico para coordinar aeropuertos

Este acordo enmárcase nos compromisos da Estratexia de turismo 2020, a folla de ruta do turismo galego elaborada xunto co sector, que aposta pola colaboración cos concellos das catro provincias para impulsar os seus recursos turísticos a través de convenios e liñas de axudas ao tempo que se diversifica a oferta.


- Te recomendamos -