Inicio Galicia A Xunta remítelle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto ...

A Xunta remítelle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto para a humanización da avenida do Bierzo, na estrada OU-622

0

Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de remitirlle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto de construción para a humanización da Avenida do Bierzo.

Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses.

O principal obxectivo dos traballos é a mellora de seguridade viaria desta avenida que coincide coa estrada autonómica OU-622, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e o 0+655.

O proxecto recolle as obras necesarias para a renovación desta avenida, ao seu paso polo núcleo urbano do Barco de Valdeorras, en especial no que respecta á mellora da accesibilidade e das infraestruturas na zona.

A intervención inclúe unha mellora da accesibilidade nas pontes existentes no inicio da OU-622, salvando a vía ferroviaria e o río Cigüeño.

No punto quilométrico 0+220 realizarase un cambio de sentido e elevarase o paso de peóns situado diante do colexio, no punto 0+380.

Tamén se incrementará a anchura das dúas beirarrúas e se rehabilitará e mellorará a capa de firme do tramo obxecto das actuacións.

Ademais inclúense a disposición dunha rede separativa de saneamento e a renovación dos sumidoiros e a súa conexión cos colectores proxectados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre