Inicio Galicia A Xunta remítelle ao Concello de Vigo o convenio para investir 1...

A Xunta remítelle ao Concello de Vigo o convenio para investir 1 millón de euros no saneamento de Teis co obxectivo de que inicie a tramitación municipal necesaria para poder comezar a obra en 2021

0
image_gallery.jpg

Trátase de apoiar ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais, para acabar coas infiltracións que provocan unha sobrecarga nesta rede e mellorar a calidade das masas de auga costeiras na contorna da depuradora


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez trasladoulle esta mañá aos representantes da Asociación de Veciños de Teis, que hoxe mesmo remitiuse ao o Concello de Vigo o convenio para a mellora do saneamento desta parroquia para a súa sinatura e coa fin de que realice a tramitación municipal preceptiva para poder licitar as obras.

Durante a xuntanza cos veciños, Ethel Vázquez, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, trasladoulles que a Xunta agarda que o Concello de Vigo sexa dilixente nesa tramitación para, unha vez obtida a documentación municipal, poder licitar as obras co obxectivo de iniciar os traballos en 2021.

Fixo fincapé na importancia para os veciños de Teis das actuacións previstas, que suporán un investimento da Xunta superior a 1 millón de euros e que permitirán mellorar o saneamento da parroquia e tamén os obxectivos medioambientais para augas de baño.

Tal e como subliñou a conselleira, a Xunta colabora co Concello de Vigo, apoiándoo no desenvolvemento das súas competencias municipais, para solucionar as deficiencias que presenta o sistema de saneamento de Teis.

A este respecto, Ethel Vázquez destacou que son actuacións para acabar cos problemas actuais de infiltracións que provocan unha sobrecarga na rede e para mellorar a calidade das masas de auga costeiras na contorna da depuradora.

Na reunión de traballo mantida cos representantes veciñais, lembroulles que os traballos que a Xunta vai a executar ao abeiro deste convenio céntranse en dúas actuación prioritarias para a mellora do sistema de saneamento desta parroquia, como son a ampliación e mellora da rede separativa na zona de Baixada a Ríos e a renovación do colector do río Paraxail.

Concretou que na zona da Baixada a Ríos, construirase unha nova rede de pluviais con saída ao mar no dique que hai na praia de Ríos, con suficiente capacidade para a súa prolongación futura. Tamén se mellorará a rede de augas fecais.

No colector do río Paraxail, actuarase en dous tramos: na súa parte máis augas arriba, no entorno do parque de Bombeiros, e na súa zona intermedia entre o IES de Teis e o cruce co ferrocarril.

Os compromisos do convenioAs actuacións consisten, tal e como recolle o propio convenio, nunha primeira fase de traballos para solucionar os problemas detectados e mellorar a calidade das augas de Teis.

Desde a Xunta, a través de Augas de Galicia, levarase a cabo a contratación e execución das obras e asúmese integramente o custo destas actuacións de mellora do saneamento de Teis, que están cofinanciadas con Fondos Feder 2014/2020.

Pola súa parte, o Concello de Vigo comprométese a realizar a tramitación municipal necesaria: a aprobación do Pleno municipal, a disposición dos terreos ou a información pública, en caso de que o consideren necesario. Unha vez finalizadas as obras, O Concello de Vigo incorporaraas ao patrimonio público municipal, encargándose da súa posta en servizo, explotación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre