Inicio Galicia A Xunta rematará o Plan Ribeira Sacra antes de finais de ano

A Xunta rematará o Plan Ribeira Sacra antes de finais de ano

0

Así o anticipou hoxe o conselleiro de Cultura e Turismo nunha xuntanza cos responsables técnicos de patrimonio e urbanismo deste territorio


Esta mañá tivo lugar na Cidade da Cultura unha reunión entre os responsables de Patrimonio da Xunta e os diferentes técnicos da xestión do patrimonio local e o urbanismo dos concellos da Ribeira Sacra. A xuntanza serviu para abordar polo miúdo o réxime de protección e a casuística das autorizacións nas diferentes intervencións que se dan no conxunto deste territorio. Na mesma tratouse de aclarar con exemplos concretos o que está previsto no decreto de ben de interese cultural (BIC) da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Ao comezo do encontro, o conselleiro saudou aos participantes e explicoulles os pasos que se están a dar de cara a lograr a inscrición desta sobranceira paisaxe cultural na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. En concreto, Román Rodríguez, anticipou que o Plan de Xestión da Ribeira Sacra será presentado a partir da segunda metade do vindeiro mes de decembro “como paso previo, positivo e necesario para o éxito desta ilusionante candidatura”, subliñando a importancia da colaboración de todas as institucións e administracións participantes.

Réxime de protecciónA reunión serviu para explicar e clarificar o decreto de BIC da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, que establece un réxime de protección xeral dos bens integrantes da paisaxe cultural e outro específico para a paisaxe cultural. No apartado relativo aos bens, este responde ao réxime xeral legal xa existente, e incorpora como normativa a instrución de obras menores que axiliza as intervencións de conservación e mantemento. Tamén se regula a zona de amortecemento, especificando que actuacións de carácter territorial precisan autorización.

Na mesma interviñeron formalmente o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, os coordinadores do expediente, Ana Goy e Mario Crecente, e técnicos do departamento autonómico de Patrimonio, e á mesma foron convocados as deputacións e os bispados de Lugo e Ourense, así como os técnicos municipais dos concellos incluídos no territorio do ben de interese cultural da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Compromiso co desenvolvementoO Plan Ribeira Sacra, explicou Román Rodríguez, céntrase na protección, a promoción e a coordinación dos investimentos para esta zona e supón unha oportunidade para a súa protección, a mellora continua e a promoción. “Será ?aclarou o conselleiro? a mostra do noso compromiso na conservación e difusión desta paisaxe cultural”. No marco deste está previsto desenvolver medidas concretas, orientadas a conservar o valor universal excepcional desta territorio, e promoverase a difusión da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade dentro e fóra da zona.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre