Inicio Galicia A Xunta remata os pagos deste ano relativos ás axudas da PAC...

A Xunta remata os pagos deste ano relativos ás axudas da PAC con importes próximos aos 162 millóns de euros

0

Galicia estivo entre as primeiras comunidades autónomas en pagar os anticipos da PAC no mes de outubro, por valor de case 37 millóns de euros


A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), vén de realizar os últimos pagos do mes de decembro correspondentes ás axudas da Política Agraria Común (PAC) por valor de case 162 millóns de euros.

Os abonos realizados esta semana correspóndense ás axudas directas pendentes, cun valor de 144,1 millóns de euros, e da liña de zonas con limitacións naturais de desenvolvemento rural, cun valor de 17,8 millóns de euros.

No tocante ás axudas directas, cómpre destacar o abono de 60,4 millóns de euros en pago básico; 33,8 millóns de euros en concepto de vacún de leite; 31 millóns de euros en concepto de pago verde e 13,8 millóns de euros en vacún de carne. O resto foi en concepto de agricultores mozos (2,2 M€) e de pequenos agricultores (2,7 M€).

Deste xeito, son máis de 24.600 os agricultores e gandeiros que se viron beneficiados por estes pagos, que comezaron xa no mes de outubro co abono de case 37 millóns de euros en concepto de anticipo das liñas de achegas de vacún de carne e de leite. Así, Galicia estivo entre as primeiras comunidades autónomas en realizar estes pagos, co fin de dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre