Inicio Galicia A Xunta remata as obras de saneamento na parroquia de Santa María...

A Xunta remata as obras de saneamento na parroquia de Santa María de Melide

0

Para realizar esta actuación, adxudicada por un importe de máis de 116.000 euros, Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do entón Ministerio de Fomento


A Xunta vén de rematar as obras de saneamento na parroquia de Santa María, en Melide, que foron adxudicadas por un importe de máis de 116.000 euros. Augas de Galicia deu comezo á actuación tras adaptar o proxecto ás exixencias marcadas polo entón Ministerio de Fomento. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciou os traballos con fondos europeos FEADER, no marco do programa de desenvolvemento rural 2014-2020. Os traballos consistiron na construción dun sistema de algo máis de 1,4 km de lonxitude que recolle as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión a rede xeral existente. A parroquia de Santa María contaba ata este momento cunha rede de saneamento na área que discorre pola marxe esquerda da estrada N-547 en dirección Santiago. Para mellorar esta situación, os traballos realizáronse nas marxes esquerda e dereita da vía.

Para completar as actuacións nesta parroquia, na que existen unhas vivendas situadas a una notable diferenza de cota con respecto ás demais, Augas de Galicia adxudicou en marzo deste ano, por un importe duns 8.500 euros, a redacción do proxecto construtivo de ampliación da rede de saneamento. O proxecto estase a ultimar e o importe estimado das actuacións é de preto de 134.000 euros. As actuacións enmárcase na cooperación da Xunta cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos veciños do rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre