Inicio Galicia A Xunta remata as obras de reforma da Oficina de Información e...

A Xunta remata as obras de reforma da Oficina de Información e Rexistro do seu edificio administrativo de Ourense

0

A partir de hoxe o persoal deste servizo volve a atender ao público no seu espazo habitual, na planta baixa da coñecida como ‘Casa de Chocolate’


A Oficina de Información e Rexistro do edificio administrativo da Xunta en Ourense volve a prestar o seu servizo no seu espazo habitual, a planta baixa da “Casa de Chocolate”, logo das obras de mellora executadas e que obrigaron ao traslado temporal do Servizo e do seu persoal a outras dependencias .

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, comprobou esta mañá o remate da actuación e o desenvolvemento do traballo do persoal adscrito a este servizo nun espazo remodelado grazas a unhas obras que permitiron mellorar a climatización, eliminar os mostradores e crear un espazo no que se sitúa a sala de espera, o sistema de distribución de quendas e os postos de atención individualizada para o cidadán. Investíronse preto de 40.000 euros.

Díaz Mouteira lembrou que se van a seguir realizando traballos de acondicionamento no edificio territorial e referiuse ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética que disporán dun orzamento de 410.000 euros. A previsión é que as obras comecen o vindeiro mes de febreiro e terán un prazo de execución de tres meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre