Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora e posta en marcha da...

A Xunta remata as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Portoquintáns, no concello de Coristanco

0
image_gallery.jpg

Esta intervención, cun investimento de máis de 43.000 euros, permite activar as instalacións de estación depuradora de augas residuais deste núcleo


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Portoquintáns, no concello de Coristanco. Esta actuación, cun investimento de máis de 43.000 euros, permite por en marcha as instalacións de estación depuradora de augas residuais de Portoquintáns.

Cómpre lembrar que a depuradora de Portoquintáns foi construída e posta en funcionamento no marco do contrato de colectores xerais da depuradora de Vilaverde, sendo entregada o municipio coruñés no primeiro trimestre do ano 2017. O anterior goberno municipal non cumpriu a súa obriga de poñer en marcha as instalacións, o que obrigou a realizar agora esta nova actuación de mantemento e mellora para poder activar o seu funcionamento.

Coas obras contratadas por Augas de Galicia, actuouse na mellora da impulsión de cabeceira con bombas que dispoñen de funcionalidades preprogramadas para adaptarse automaticamente ao entorno cambiante das augas residuais.

Instaláronse, ademais, dúas novas bombas, e adaptáronse as instalacións eléctricas e autómata aos novos equipos. Posteriormente procedeuse á posta en marcha da estación depuradoraA instalación de Portaquintáns foi deseñada para sanear e depurar as augas xeradas por unha poboación equivalente a 600 habitantes.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre