Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora do firme na travesía do...

A Xunta remata as obras de mellora do firme na travesía do Pindo, no concello de Carnota

0
image_gallery.jpg

As condicións meteorolóxicas permitiron reducir a 12 días a execución desta obra, iniciada o 7 de outubro e cun prazo para realizala de 1 mes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-550, no entorno da travesía do Pindo, no municipio de Carnota.

Esta actuación contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros. As favorables condicións meteorolóxicas permitiron reducir a 12 días a execución dos traballos, que se iniciaban o pasado día 7 de outubro e que dispoñían dun prazo de execución de 1 mes.

A intervención enmárcase nas actuacións de conservación da rede viaria autonómica e centrouse na rehabilitación do firme do tramo da estrada que presentaba un maior grado de desgaste no entorno da travesía do Pindo, e polo que discorrerá proximamente a Volta Ciclista a España.

Os traballos, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 11+050 a 11+800, consistiron no fresado parcial da capa de rodaxe e na extensión dunha nova capa a base de formigón bituminoso en quente a toda a superficie dos dous carrís.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre