Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora do firme na estrada PO-308,...

A Xunta remata as obras de mellora do firme na estrada PO-308, entre Sanxenxo e Portonovo

0
image_gallery.jpg

Os traballos executáronse no tramo entre os puntos quilométricos 17+350 e 19+100


A Xunta vén de rematar as obras de mellora do firme na estrada PO-308, entre Sanxenxo e Portonovo.

Estes traballos desenvolvéronse no tramo da vía comprendido entre os puntos quilométricos 17+350 e 19+100.

Esta intervención forma parte dun contrato máis amplo co que se está a acondicionar a capa de rodadura en distintas vías autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas.

As obras deste contrato, cun investimento da Xunta de preto de 1 millón, xa se iniciaron en setembro e contan cun prazo de execución de 4 meses.

O paquete comprende actuacións en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso por Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.

O obxectivo é a rehabilitación do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar a seguridade viaria. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.

O Goberno galego continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica para incrementar a seguridade e comodidade dos usuarios das estradas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre