Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora do firme da estrada LU-612...

A Xunta remata as obras de mellora do firme da estrada LU-612 entre Portomarín e Guntín, nas que se investiron 831.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro explicou que se actuou en case dez quilómetros entre o inicio da travesía de Lousada e a ponte do río Ferreira


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou as obras de mellora do firme da estrada LU-612 ao seu paso polos concellos de Portomarín e Guntín, nas que investiron máis de 831.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado da actuación e explicou que, entre outros traballos, renovouse a capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente nos preto de dez quilómetros que separan a travesía de Lousada (Guntín) e a ponte do río Ferreira en Portomarín.

Segundo indicou Balseiro, tamén se rehabilitou o firme nas zonas deterioradas, renovouse a sinalización e acometéronse outras actuacións de seguridade viaria. Precisamente, indicou, só resta ultimar a sinalización horizontal coa instalación de resaltes termoplásticos en ambas beiravías, que axudan a evitar saídas de vía dado que son máis visibles e emiten ruído cando as pisa un vehículo.

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

O delegado afirmou que o Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede de estradas autonómica en óptimas condicións e coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren os seus desprazamentos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, dirixidas tamén a potenciar o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 


- Te recomendamos -