Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora do drenaxe da estrada autonómica...

A Xunta remata as obras de mellora do drenaxe da estrada autonómica AC-840, en Melide, cun investimento de máis de 250.000 euros

0

A intervención persegue resolver os episodios de inundacións que se producían nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora e reposición de servizos na estrada de titularidade autonómica AC-840, ao seu paso polo Concello de MelideCun orzamento de máis de 250.000 euros a intervención persegue resolver, tanto en importancia como en frecuencia, os episodios de inundacións que se producían nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada, onde o terreo está moi baixo.

A actuación permitiu tamén actuar sobre os caudais que chegaba á rede de pluviais desde distintas rúas, e reducir a cantidade de auga que alcanza finalmente esta zona urbana, minimizando así a problemática derivada da topografía do terreo e da configuración actual da rede.

Atendendo á solicitude do Concello, tamén se procedeu ao cegado dos pozos de rexistro de pluviais e residuais, para evitar o ruído que producen ao paso do tráfico.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre