Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na estrada...

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na estrada LU-633 á saída do Camiño Francés en Portomarín

0
image_gallery.jpg

A actuación, cun investimento de case 50.000 euros, consistiu na rehabilitación das beirarrúas e na instalación dunha nova varanda de protección neste treito de estrada que une Pedrafita e Alto do Hospital


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a execución das obras de mellora de seguridade viaria na estrada LU-633 á saída do Camiño Francés en Portomarín.

Esta actuación, que supuxo un investimento da Xunta de case 50.000 euros, consistiu na rehabilitación da beirarrúa e a reposición da varanda de protección no tramo da estrada que comunica Pedrafita e Alto do Hospital, entre os puntos quilométricos 73+120 – 73+360.

Os traballos no último treito do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo do municipio, permitiron arranxar os deterioros nas beirarrúas, no seu inicio e no seu final, e darlle continuidade en todo este treito. Ademais, instalouse unha nova varanda modular urbana de aceiro inoxidable de 1,05 metros de altura, con pasamáns.

Coa rehabilitación das beirarrúas acádase a mellora do itinerario peonil existente, ao tempo que se reforza a seguridade viaria, ao que tamén contribúe a colocación da nova varanda de protección.

Esta intervención forma parte dun conxunto de actuacións da Xunta para mellora da accesibilidade e da integración do Camiño Francés na chegada a Portomarín: como a construción do itinerario peonil e ciclista, desde a baixada do Camiño de Santiago -fronte ao albergue situado a esa altura da mesma vía autonómica LU-633- ata a entrada da ponte de acceso á vila de Portomarín. Esta obra, en execución, conta cun investimento duns 285.000 euros e está cofinanciada con Fondos Feder 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre