Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria na estrada...

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840, ao seu paso polo concello de Boimorto

0

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de rematar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-840, ao seu paso polo concello de Boimorto.

As obras realizadas nesta estrada, que comunica o concello de Betanzos co límite da provincia en Agolada, permitiron modificar a intersección existente no punto quilométrico 37+560 da AC-840, no núcleo de Algalia, coa vía municipal que conduce a Batán, grazas a un investimento do departamento de Infraestruturas da Xunta de preto de 60.000 euros.

Para mellorar a seguridade viaria neste treito procedeuse a demolición previa dunha antiga casa de legoeiros en ruínas.

De seguido procedeuse a executar a construción dunha semiglorieta con carril central de espera, para permitir aos vehículos que circulan por esta estrada de titularidade autonómica os cambios de sentido en condicións seguras, con cuñas de aceleración e desaceleración.

Esta intervención se enmarca dentro das actuación concretas do Plan de seguridade viaria 2016-2020 da Xunta, que destina nos orzamentos de 2018 máis de 80 millón de euros ao desenvolvemento de actuacións destinadas a reforzar a seguridade viaria e a mellorar a conservación das estradas autonómicas.  

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

- Te recomendamos -