Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora da estrada PO-234, no tramo...

A Xunta remata as obras de mellora da estrada PO-234, no tramo entre Ponte Caldelas e Laxoso

0

Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcciones de Arosa S

L. por importe superior aos 525.000 euros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora na estrada autonómica PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso.

Os traballos foron executados pola empresa Construcciones de Arosa S.

L., que resultou adxudicataria das obras por importe de máis de 525.000 euros.

Actuouse no tramo de 2,16 km máis próximo á cidade de Pontevedra, que discorre polo concello de Ponte Caldelas, desde o final da travesía deste municipio, no punto quilométrico 0+420, ata a entrada da travesía de Laxoso, no 2+580.

Na intervención ampliouse a calzada ata acadar un ancho de 7 metros e realizáronse pequenas rectificacións de trazado. Ademais, executáronse cunetas tendidas de seguridade nuns 1,6 quilómetros da estrada.

Con esta actuación remátanse a segunda fase da reforma desta estrada que conecta os núcleos de Ponte Caldelas e Augasantas, unha vez que xa foi acondicionada entre Aguasantas e Portasouto, nos termos municipais de Cerdedo-Cotobade e de Ponte Caldelas.

Actualmente está en redacción o proxecto da terceira fase de mellora no treito intermedio desta vía, entre Laxoso e o cruce de Portasouto, en Cerdedo-Cotobade. Estes traballos foron adxudicado á empresa Ingenia Proyectos Ténicos, S.

L por un importe de máis de 18.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre